festivalino-oficial-xacobeo-retina

QUE É O FESTIVALIÑO
ON THE ROAD

É un pequeno gran festival;

Un proxecto de distribución, exhibición e creación decine infantil para nenos e nenas, nunha caravana itinerante por toda o noroeste peninsular.

Acompañado de obradoiros, música, rodaxes, e moitas sorpresas … un evento solidario onde os nenos e nenas axudan a outros pequenos e pequenas a través dunha pulseira solidaria.

Inscrición aberta para SELECCIÓN CONTIDOS
FESTIVALIÑO 2020

Requisitos de participación

  • A participación está aberta a todos os contidos audiovisuais orientados ao público infantil que non superen os 20 minutos de duración.
  • Admitiranse todas as obras de data de produción posterior ao 1 do xaneiro do 2018.
  • Os criterios de selección serán os de calidade, orixinalidade, e valor didáctico e lúdico.
  • Presentaranse en versión orixinal. As producións de fala non galega ou española deberán incorporar subtítulos en español ou galego, ou introducir a lista de diálogos co código de tempo do guión definitivo en formatos, SRT, SSA o STL (en inglés / español).

Bases Galego

Bases Castelán

Bases Inglés

obxectivos de o Festivaliño on the Road – Xacobeo 2020

Propiciar unha nova xanela de exhibición de pezas audiovisuais para nenos e nenas, público infantil de 0 a 12 anos, achegando novos contidos audiovisuais dunha maneira lúdica á par que didáctica.

Promover a achega ao cinema polos máis novos, facendo máis fincapé no entorno rural, posto que os espazos para o visionado en salas convencionais son cada vez son menores. Con esta iniciativa preténdese, en parte, resolver esta cuestión.

Preséntase como unha actividade ideal para com- plementar calquera programación cultural de conce- llos, asociacións culturais, comisións de festas, festi- vais, etc.

Unha nova xanela de explotación para as películas de curta duración. Unha parte da contratación da prestación do servizo destinarase directamente a pago de royalties ás películas proxectadas.

O festival feito polos máis pequenos, son os máis pequenos e pequenas os que seleccionan os contidos e votan os filmes en cada unha das paradas… e de maneira activa através dun obradoiro de reportaxes televisivo os nenos e nenas farán o Festivaliño News.

CONTIDOS LÚDICOS FORMATIVOS

FESTIVALIÑO NEWS

Un total de 20 nenos e nenas, preinscritos realizaran un obradorio ultra rápido (3 horas de duración) para aprender a facer unha peza audiovisual.

OBRADOIRO STOP MOTION

Un total de 20 nenos e nenas, preinscritos realizaran un obradorio ultra rápido para realizar unha peza coa técnica do stop motion.

20190719_124537

CONCERTO ROCK AND KIDS

Concerto de rock para nenos e nenas. Onde se repasa o mellor do Rock and Roll adaptado para nenos e nenas

FESTIVALIÑO FILMES

Nenos e nenas, preinscritos realizaran un obradorio ultra rápido para aprender a facer unha peza audiovisual.

o festivaliño en fotos

NOVAS

VEN A pasalo pipa!

Síguenos nas redes para manterte informado

Un proxecto de distribución, exhibición e creación de cine infantil para nenos e nenas, nunha caravana itinerante acompañado de obradoiros, música, rodaxes, e moitas sorpresas …

O Festivaliño

Cerrar menú
× ¡Ola!. ¿Consulta si o precisas