O Festivaliño on the Road vai a aparcar no O Grove

O Festivaliño on the Road vai aparcar no O Grove

O cine itinerante máis pequeno do planeta (probablemente) visitará este luns O Grove. Máis en concreto, o colexio Valle Inclán, onde a sala cinematográfica aparcará a partir das dez da mañá. Durante o verán, o Festivaliño estivo On the road, é dicir, de xira. Percorreu toda Galicia, achegando o cine, en forma de curtametraxes, a máis de dez mil espectadores. Cazatalentos, gañadora dun Goya á mellor curtametraxe de animación, e curtas internacionais como Ian ou La Petite Condonnier son algunhas das pezas seleccionadas para este particular espectáculo. O evento estará acompañado de obradoiros audiovisuais e outras moitas cousas interesantes das que xa puido disfrutar a rapazada das sesenta localidades nas que parou esta máquina fantástica.Luns • A partir das dez da mañá • No colexio Valle Inclán, no Grove 

Fuente: La Voz de Galicia máis info

Deja un comentario

Cerrar menú